Este crustáceo presenta un contido alto en graxas, mono e poliinsaturadas, que son beneficiosas para reducir os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue, reducindo o risco de produción de trombos e coágulos. Contén proteínas e vitaminas do grupo B, entre as que destaca pola súa proporción a B9 ou ácido fólico polo que é un produto moi recomendable para mulleres xestantes pola prevención da espiña bífida no feto, e tamén contén vitamina B3. Entre os minerais destacan, especialmente, o cinc e o iodo, este último esencial para o correcto funcionamento da glándula tiroide.