O choco é rico en proteínas de alto valor biolóxico pois contén todos os aminoácidos esenciais. Posúe un nivel de graxa moi baixo e a penas ten hidratos de carbono. No entanto, ao cociñalos rebozados e fritos en aceite o seu contido en calorías aumenta. Tamén teñen unha considerable cantidade de colesterol e, por este motivo, non se aconsella o seu consumo a aquelas persoas que teñen un nivel de colesterol elevado. Polo seu contido en purinas, os chocos están contraindicados en caso de hiperuricemia (gota). Son fonte de minerais, calcio, fósforo e sodio e de vitaminas do complexo A e B.