Segundo relatan os feitos históricos foi no século XVII cando xurdiu na zona de Uruguai, Arxentina e sur de Brasil, o churrasco como xeito de cociñar a carne de tenreira. Preparábano así os campesiños que coidaban do gando e pasaban longos períodos fóra das súas casas. A costela de tenreira ten unha gran proporción de auga e pouca graxa. Conforme o animal é maior aumenta o seu contido en nutrientes entre eles o de graxa e diminúe o de auga. Logo, a costela de tenreira é unha carne cun contido en graxa relativamente baixo que nos proporciona proteínas de alto valor nutricional, ferro e vitaminas do grupo B.