Pódense atopar cigalas durante todo o ano nos mercados, xa sexa frescas ou conxeladas. Péscanse nas costas galegas en tamén nas de Portugal e Irlanda. A cigala contén gran cantidade de proteínas e unha mínima cantidade de graxas e calorías. A cigala posúe como características principais na súa composición nutritiva un gran número de proteínas, menos calorías que o resto de crustáceos e unha mínima cantidade de graxas, polo que é adecuada para incluír en dietas de adelgazamento. As vitaminas que predominan na súa carne son as relacionadas co grupo B, concretamente a B3 que axuda a reducir o colesterol. É recomendable para combater enfermidades como a diabete ou a artrite.