Este prato preside a mesa en Galicia nos fríos días de inverno na época do Entroido onde o porco é o principal protagonista. O Entroido celébrase especialmente nas localidades ourensás de Laza, Verín e Xinzo de Limia. O cocido é un alimento moi completo desde o punto de vista nutricional xa que contén todos os ingredientes necesarios para unha dieta axeitada. Contén proteínas (nas carnes), hidratos de carbono (nas patacas e nos garavanzos) e minerais (fósforo, ferro, cal, potasio, sodio e magnesio).