A carne de coello ten un baixo contido en graxa por iso se considera unha carne magra. Tamén posúe un baixo nivel de colesterol. Debido ao seu baixo contido en sodio e en ácido úrico poden consumilo, sen problemas, as persoas hipertensas e con niveis elevados de ácido úrico en sangue. O marisco que acompaña o coello, neste caso as gambas e os lagostinos, conteñen unha cantidade interesante de proteínas. Ademais o seu contido en graxas é baixo e son de boa calidade polos ácidos graxos omega 3 que conteñen. Os lagostinos presentan un elevado contido en iodo. Ao contrario que a carne de coello, as gambas e lagostinos non son aconsellables en persoas con ácido úrico elevado e con dietas hiposódicas debido ao seu contido en sodio e purinas.