Esta receita permitía nas casas galegas de antano que o coello estivese dispoñible todo o ano para o seu consumo. O coello escabechábase para que se conservase todo o ano e se puidese recorrer a el en caso de escaseza doutro tipo de carne. Facíase tanto para os coellos de monte coma para os domésticos. Tamén era un prato moi valorado pola clase alta á que o campesiñado obsequiaba ou pagaba con esta conserva.