A carne de congro considérase de excelente calidade e moi firme. O congro é un peixe azul, semigraxo, ten 3 g de graxa por cada 100 g de porción comestible. Ao ser un peixe azul contén ácidos graxos omega 3 que se consideran como esenciais en calquera dieta equilibrada para persoas con colesterol alto porque proporcionan beneficios moi importantes para previr enfermidades cardiovasculares. Destaca o seu contido en vitamina A, fundamental para os tecidos corporais. Tamén é relevante o seu contido en vitamina B2 que é fundamental para a produción de enerxía no organismo e para manter unha boa visión.