Antigamente os chícharos utilizábanse como forraxe en seco. Foi a partir do século XVI cando o home os empezou a consumir como gran fresco. Os chícharos constitúen unha excelente fonte de proteína vexetal. Son idóneos para persoas vexetarianas. Tamén conteñen moita fibra polo que evitan o estrinximento aínda que poden resultar indixestos por este motivo. Os chícharos conteñen fitosterois, substancias parecidas ao colesterol, que dificultan no ámbito intestinal a absorción do colesterol da dieta e incrementan a súa eliminación. Os chícharos posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis, polo que resultan aconsellables nas dietas de persoas diabéticas.