A cigala é un crustáceo e, de todos eles, é o que ten menos calorías e tamén menos graxas, aínda que estas son poliinsaturadas que se coñecen como omega 3 e son beneficiosas para previr enfermidades cardiovasculares. Cabe destacar o seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, non obstante o seu contido en colesterol, fai que as persoas con hipercolesterolemia deban moderar o seu consumo. Contén cantidades significativas de vitamina B3 que axuda a reducir o colesterol. Tamén destaca o seu contido en vitamina B5 que resulta beneficiosa para combater o estrés. Tamén contribúe a reducir o colesterol.