Hoxe en día é moi habitual atopar cogomelos como prato principal ou como gornición na gastronomía. En tempos pasados non acontecía o mesmo posto que a poboación galega xunto coa grega e a inglesa temían mesmo tocalos. Os cogomelos teñen un baixo contido en calorías xa que conteñen grandes cantidades de auga polo que son adecuados para dietas de adelgazamento. Teñen unha alta porcentaxe proteica. Debido ao seu contido en celulosa, a súa dixestión faise un pouco pesada. Están desaconselladas para persoas que padecen gota e exceso de ácido úrico polo seu contido en purinas.