Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.