Pelar a cebola e o tomate, picar finamente sazonar e fritir nunha pota. Lavar, pelar e cortar en rebandas finas a cenoria. Lavar tamén o cabaciño, que se despunta e córtase tamén en rebandas. Incorporar á pota cando a cebola estea tenra, proseguindo a cocción. Engadir o viño e un pouco de auga, rectificar de sal se é necesario e deixar cocer a lume suave ata que o caldo redúzase á metade. Cortar o salmón en dados e sazonar lixeiramente. Engadir á pota e continuar a lume suave uns catro minutos máis. Servir acompañado de pataca cocida.