Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Hai que engadir o aporte en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais das gambas. Destacar tamén o contido destes alimentos mariños en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais, é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.