Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Nunha tixola dourar os dentes de allo, pelados e cortados en láminas, cando collan cor, engadir as espinacas, os pauciños de cangrexo e as gambas peladas. Refogar o conxunto durante 3 minutos. Separadamente, preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadimos sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir o refogado e mesturar ben deixando cocer todo xunto uns minutos máis.