Vantaxes:
A cenoria é un alimento excelente dende o punto de vista nutricional grazas ó seu contido en vitaminas e en sales minerais. O seu gran atractivo débese á presenza do beta-caroteno ou provitamina A. Isto, xunto co seu aporte en vitamina E, fai desta hortaliza unha fonte natural de antioxidantes.
O cabaciño destaca polo seu elevado contido en auga e aporte en hidratos de carbono. Contén vitamina A, B, C; magnesio, sodio, iodo, ferro, calcio e potasio. Ademais, posúe acción antioxidante, regula os niveis de auga na célula, e mellora o funcionamento intestinal e dixestivo.