Vantaxes:
A sepia é un marisco cun baixo aporte calórico, facilmente dixerible, cun alto contido en proteínas e baixo en graxas. É rica en vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio.
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.