Este prato é idóneo para consumir en inverno como xeito de combater o frío. Os grelos son ricos en provitamina A, ácido fólico e vitamina C. A provitamina A xoga un papel importante para ter unha boa visión. O ácido fólico é necesario para a formación de proteínas e hemoglobina. A vitamina C é un bo antioxidante. As patacas dan maior consistencia ao prato e enriquéceno en hidratos de carbono complexos, principalmente en forma de amidón. Polo escaso contido en calorías dos vexetais e o emprego dunha cantidade reducida de graxa, este prato está moi indicado para incluír nas dietas de adelgazamento.