As nécoras teñen un contido baixo de graxas. A súa contribución proteica é elevada, e ao igual que acontece con outros mariscos e o de purinas tamén. As persoas con problemas de gota deben evitar o seu consumo. O tomate é un grande antioxidante polo seu contido en vitamina C e tamén é rico en cobre e potasio o que beneficia a persoas hipertensas. O porro, ao igual que o tomate, tamén contén potasio que é idóneo para persoas con problemas reumáticos, gota e enfermidades de ril. Ao ser unha fonte de fibra actúa como un laxante natural. Presenta unha boa cantidade de vitamina C. As patacas conteñen enerxía polo seu contido en hidratos de carbono. Tamén conteñen vitamina C e fibra.