Esta sinxela empanada era habitual nos días de Coresma e tamén en Semana Santa en Galicia. O valor de calorías desta empanada é elevado polo que a deben consumir con moderación as persoas que seguen dietas de adelgazamento. O bacallau destaca pola súa alta cantidade de proteínas e é rico en calcio, polo que é un alimento óptimo para o crecemento que fortalece os ósos e prevén a osteoporose. Tamén é rico en fósforo que é necesario para o bo funcionamento do cerebro. Tamén posúe potasio que facilita a eliminación de líquidos e beneficia as persoas hipertensas, ademais de iodo que é necesario para o bo funcionamento da glándula tiroide. De maneira adicional, proporciona vitaminas do grupo B e liposolubles.