Tamén é coñecida como empanada de "raxo", típica da Galicia interior. Esta empanada faise coa carne picada e adobada do lombo de porco, máis coñecida como zorza. Esta zorza utilízase para facer o recheo dos chourizos ou tamén como prato principal acompañado dalgunha outra gornición.