Esta empanada doce consúmese como sobremesa ou merenda. É unha especialidade tradicional galega. O seu ingrediente principal é a mazá que xa era, na antigüidade, unha das froitas máis comúns en Galicia. O emprego de froita como ingrediente principal para a elaboración de doces en Galicia xa é coñecido na Idade Media; no entanto, esta empanada de mazá é unha receita moito máis actual. A mazá ten un gran poder antioxidante debido ao seu contido en vitamina E e en substancias fotoquímicas presentes na pel. É rica en fibra e pode ter no organismo unha dobre función, laxante ou adstrinxente, segundo se consuma con pel ou sen ela. Tamén favorece a eliminación de líquidos polo seu contido en potasio.