A zamburiña é un marisco cuxa zona principal de extracción son as Rías Baixas galegas. Cultívanse en bateas, sobre todo na ría de Arousa. A tempada da zamburiña é o outono. Caracterízanse polo seu intenso sabor a mar. É un marisco cun baixo contido en calorías e en graxas. Ten unha importante cantidade de vitamina A que xoga un papel importantísimo para manter unha boa visión e. Ademais, é un antioxidante. Tamén conteñen vitamina B que intervén no crecemento, mantén o sistema inmunolóxico e a produción de enerxía.