A leituga ten un baixo contido en graxas e en hidratos de carbono, unha elevada cantidade de auga polo que contén moi poucas calorías. É idónea para dietas de adelgazamento. É especialmente rica en potasio e en betacaroteno. Este último outórgalle propiedades antioxidantes e anticanceríxenas. O queixo de tetilla contén calcio que fortalece os ósos e é recomendable para mulleres embarazadas. Ten unha boa cantidade de proteínas que interveñen no desenvolvemento muscular e, tamén, contén fósforo que mellora as funcións biolóxicas do cerebro. As olivas polo seu contido en sal deben consumirse moderadamente por persoas obesas ou hipertensas. Conteñen vitamina A, C, calcio, ferro e fibra.