O queixo fresco ten unha alta concentración de proteínas, calcio e vitaminas A e D pero é baixo en graxas. Isto fai que o seu consumo nos proporcione menos calorías e a dixestión sexa máis doada. O marmelo é unha boa fonte de minerais como o potasio, fibra e cantidades non moi elevadas de vitamina C. Á leituga atribúenselle propiedades dixestivas e supón unha pequena cantidade de calorías. É rica en fibra e ferro e ten un baixo contido en proteínas e hidratos de carbono. As endivias tamén conteñen poucas calorías. Son ricas en vitamina K, á que se lle atribúen propiedades coagulantes do sangue. Tamén teñen unha boa cantidade de ácido fólico que é necesario para a formación de glóbulos vermellos e, así, previr as anemias.