A pasta contén unha gran cantidade de hidratos de carbono de absorción lenta (amidón), tamén proteínas (glute), e unha cantidade moi baixa de graxas. A berenxena pola súa parte contén fibra e potasio, este último é necesario para a actividade muscular. O seu compoñente maioritario é a auga. O allo reduce o colesterol. É un depurador do sangue e é eficaz en casos de hipertensión, ademais de posuír efectos antibacterianos. Todas estas propiedades débense a un composto de xofre denominado alicina, e tamén a unha substancia volátil denominada ajona, que se obtén cando é machucado. A cebola favorece a dixestión. Polos seus compostos ricos en xofre prevén enfermidades infecciosas, tamén ten efectos depuradores do sangue polo que é aconsellable para persoas diabéticas.