A filloa con recheo de crema está, hoxe en día, dentro da categoría das sobremesas pero na antigüidade era un alimento principal para a familia. A filloa estaba feita con sangue do porco da matanza pero tamén había unha variedade que se facía con fariña de cereal, que podía ser de millo nas bisbarras nas que predominaba este cereal ou de trigo que era máis habitual nas bisbarras do interior de Galicia.