O bacallau é un peixe que presenta un baixo contido graxo polo tanto, un baixo nivel de calorías, pero nesta receita estes niveis aumentan pola fritura. É unha fonte de proteínas de alto valor biolóxico doadas de dixerir, e, ademais, as espiñas son doadas de retirar. Entre os minerais que contén destaca a presenza de potasio que é un mineral necesario para o bo funcionamento do sistema nervioso e a actividade muscular. Tamén contén fósforo que está presente en ósos e dentes. Intervén no sistema nervioso e na actividade muscular, e participa en procesos de obtención de enerxía.