Co nome de "xoubas" coñécense ás sardiñas de pequeno tamaño na zona das Rías Baixas galegas. Nas Rías Altas coñécense como “parrochas”. A sardiña é un peixe azul polo que proporciona ácidos graxos omega 3 aos que se atribúen propiedades cardiosaudables. Tamén axuda a reducir os niveis de colesterol. Destaca o seu contido en calcio que contribúe a conferir aos ósos fortaleza e rixidez. Ademais, posúe fósforo que intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes. Entre as vitaminas que contén sobresae a D que é importante para o funcionamento do sistema nervioso e para o crecemento da poboación infantil.