Na Idade Media, os monxes do mosteiro de Samos en Lugo consumían un prato formado por fabas tenras cocidas en leite e aderezadas con mel, este prato considerábase unha sobremesa. As fabas viúvas reciben este nome porque non van acompañadas de carne nin peixe xa que ao ser fabas novas son máis saborosas e teñen máis valor nutritivo. Tamén producen unha maior sensación de fartura e por iso non van acompañadas.