As fabas son unha boa fonte de proteínas, o que favorece o desenvolvemento muscular. Tamén son recomendables para persoas hipertensas polo seu contido en potasio. Son ricas en fibra, o que favorece o tránsito intestinal. As fabas, ao ser un alimento rico en fósforo, axudan a manter os nosos ósos e os dentes. Por outra, parte as ameixas constitúen un bo acompañamento polo seu excelente sabor e reducido contido en calorías. Ao ser elevado o seu contido en sodio, as persoas pacientes hipertensas deberán consumir este marisco con precaución. Destaca o seu alto contido en ferro que axuda a combater a anemia.