No século XV, o valor que se lle daba á lagosta en Galicia era moi baixo. Podémola atopar ao longo de toda a costa galega, desde a mariña lucense ata A Guarda en Pontevedra, aínda que as máis grandes son as das Rías baixas. A lagosta ten unha carne tersa e preta. Antigamente comíase cocida, por iso era pouco valorada, pero coa introdución en Galicia das salsas e das maionesas empezouse a preparar deste xeito nas casas señoriais e burguesas.