Ferver a pasta segundo o tempo que indique o fabricante, escorrer e refrescar. Nunha pota, rustrir no aceite o allo picado e a cebola cunha folla de loureiro, engadir a fariña e o caldo coloreado, a salsa de tomate, salpementar e cubrir con perexil.
Notes
Vantaxes: As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.