Solombo de porco con pementos do piquillo e pataca
Course Segundo prato
Ingredients
150 gsolombo porco
1 (100g)pataca
80 gpemento piquillo
1 dente (5g)allo
1 cullerada sopeira (10mL)aceite oliva
sal ao gusto
Instructions
Cortar os solombos en medallóns, salpementar e facer á prancha. Mentres, refogar con aceite o allo picado e os pementos cortados en xulianana. Servir o solombo acompañado da fritada de pementos e unhas patacas fritas cortadas en dados.
Notes
Vantaxes: A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes: O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.