Salar o salmón e dourar á prancha e reservar. Facer unha salsa dourando no aceite o allo, ligar coa fariña, engadir o caldo de peixe, cocinar uns minutos e terminar coa pementa verde. Servir acompañado de pataca cocida.
Notes
Vantaxes: O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.Inconvenientes: Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.