O lombo de porco, tamén coñecido en Galicia como "raxo", é unha boa fonte de proteínas e, ao considerarse unha carne magra, o seu contido graxo non é moi elevado con ácidos graxos insaturados aos que se atribúen propiedades cardiosaudables. Destaca o seu contido en vitamina B1 que participa no metabolismo dos hidratos de carbono entre outras funcións. O ovo frito que acompaña ao lombo de porco, contén proteínas de moi elevado valor biolóxico. A clara é a que contén a maior parte de proteínas do ovo. Na xema concéntrase o maior número de graxas nas que predominan os ácidos graxos insaturados, beneficiosos para o corazón e o colesterol.