O lombo de porco coñecido en Galicia. Tamén se chama como "raxo". Posúe gran cantidade de proteínas e é das partes do porco que menos graxas contén. A metade dos ácidos graxos que presenta son insaturados, o que lle atribúe propiedades cardiosaudables. Contén ferro, cinc e vitaminas do grupo B. Os pementos que acompañan ao lombo de porco proporcionan fibra ao prato. Os pementos teñen poucas graxas e calorías, xa que o seu contido en auga é elevado. Son un bo antioxidante polo seu contido en vitamina C, A e E. Pola súa cantidade de potasio é un bo regulador da presión arterial e axeitado para persoas hipertensas.