A mellor época para consumir as sardiñas é o verán. É cando máis abundan e mellor é o seu sabor xa que acumulan máis graxa e isto fai que o seu aroma se acentúe. A sardiña é un peixe graxo e está dentro do grupo dos peixes azuis. Debido ao seu contido en purinas non están recomendadas para persoas que sofren gota. Teñen un alto contido de proteínas, polo que están aconselladas para a poboación infantil, adolescente e mulleres embarazadas xa que necesitan unha maior necesidade de proteínas. Deben ter especial coidado as persoas que seguen dietas de adelgazamento, neste caso prepáranse fritas e non se deben de consumir de forma habitual.