A cabala é un peixe azul e, como tal, posúe un elevado contido en ácidos graxos omega 3, un tipo de graxa que nos axuda a reducir o risco de contraer enfermidades cardiovasculares. A cabala ten unha proporción baixa de graxas e é o ácido graxo monoinsaturado máis elevado. Ten unha elevada cantidade de fósforo que intervén no mantemento de ósos e dentes. As verduras que acompañan á cabala enriquecen o prato en fibra, en minerais como o potasio que é esencial para a formación dos músculos e do crecemento. As verduras tamén actuarán como antioxidantes.