O nivel de graxas do lumbrigante é moi baixo pero pola contra o nivel de colesterol que presenta é elevado, como acontece co resto de crustáceos. Destaca a súa cantidade de iodo, necesario para a síntese das hormonas tiroideas. Tamén destaca a presenza da vitamina B5 que axuda a reducir o nivel de colesterol e, tamén, axuda a combater o estrés. Polo contido en purinas do lumbrigante desaconséllase o seu consumo en persoas que sofren gota. Tamén é rico en sodio, polo que non é adecuado para persoas hipertensas. Pola súa parte, o tomate, polo seu contido en licopenos, é un bo antioxidante, evitando o envellecemento. O seu contido en calorías é moi baixo. É moi rico en potasio, mineral necesario para a transmisión e xeración do impulso nervioso e para unha normal actividade muscular.