O xurelo é un peixe azul, é dicir, un peixe graxo. Esta graxa, rica en ácidos graxos omega 3, contribúe a reducir os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue, e tamén se reduce o risco de arteriosclerose e de formación de trombos. Recoméndase a presenza na dieta de peixes azuis porque grazas á calidade da súa graxa colaboran na redución do risco de enfermidades cardiovasculares. É unha boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico, de vitaminas do grupo B e minerais como o magnesio.