Esta é unha torta moi típica en Galicia. Tamén se chama torta de requeixo. Ten un suave sabor a queixo e agradable ao padal. O ingrediente principal da torta é o requeixo que se obtén ao callar o leite. É un alimento proteico moi completo, ideal para o crecemento polo seu alto contido en calcio e tamén para épocas de esforzo polo fósforo que contén. O requeixo é ben tolerado por toda clase de persoas xa que contén poucas graxas.