Cabe destacar que Galicia é pioneira no cultivo do rodaballo, aínda que tamén podemos atopar rodaballo salvaxe na zona do Gran Sol e nas rías galegas. O rodaballo é un peixe moi apreciado pola súa carne fina e a súa textura agradable. O rodaballo é un peixe semigraxo. Destaca o seu contido en ácido fólico que prevén a anemia e os trastornos dixestivos. Respecto aos minerais, destaca o potasio necesario para o sistema nervioso e a actividade muscular, posúe fósforo que intervén no sistema nervioso, na actividade muscular e en procesos de obtención de enerxía.