A carne de polo é unha boa fonte de proteínas. Considérase unha carne magra xa que o seu nivel de graxas non é moi elevado e esta atópase principalmente na pel. Contén vitaminas predominantemente do grupo B. A vitamina B3 transforma os alimentos en vitaminas. A vitamina B6 intervén na formación de glóbulos vermellos. Prevén a anemia grazas a cantidade de ferro e ácido fólico que posúe. É unha carne de doada dixestión e presenta unha baixa cantidade de colesterol.