Este prato reservábase para grandes celebracións en Galicia, festas ou vodas. Facíase con carne de tenreira, coa parte da agulla ou do xarrete. A carne de vacún maior presenta certa cantidade de graxa intramuscular o que fai que sexa moi zumarento. Esta graxa caracterízase polo seu elevado contido en ácidos graxos saturados que axudan a previr enfermidades cardiovasculares. Destaca pola súa riqueza en ferro hemo de doada absorción para combater anemias. En canto ao resto de minerais que contén preséntanse en cantidades moderadas como son o iodo, o manganeso, o cinc e o selenio.