A orixe deste biscoito típico de Galicia, poderíase remontar ao século XIX. A característica principal desta torta é que se elabora con fariña de millo. Trátase dunha sobremesa moi popular e ao longo de toda Galicia podemos atopar numerosos lugares onde se elaboran biscoitos cunha gran cantidade de receitas diferentes pero todas de elaboración sinxela. A fariña de millo non contén glute polo que é apta para persoas celíacas. É un alimento rico en magnesio, calcio e potasio, que proporciona vitamina A, carotenos e ácido fólico. Aínda que o seu contido en calorías non difire do que ten a fariña de trigo conta cunha maior cantidade de graxas saudables. Por outra banda, a súa porcentaxe de fibra e o seu contido en vitaminas do complexo B son moi superiores.