As vieiras convertéronse nun prato habitual nas datas de Nadal nos últimos anos. A vieira galega é unha das variedades máis correntes. Ten altas propiedades antioxidantes. O seu contido en graxas e colesterol é baixo por iso é recomendable para persoas que teñan que baixar de peso ou presenten niveis elevados de lípidos en sangue. Destaca a cantidade de vitamina B12 que é importante para o metabolismo xa que axuda á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central.