A zorza é un prato típico galego, propio das zonas costeiras das Rías Baixas e Altas, e das bisbarras do interior. Utilízase como recheo de empanadas ou chourizos. É unha mestura de distintas carnes de porco, normalmente lombo, que se adoban con pemento doce e picante o que lle proporciona unha cor intensa. O lombo de porco é un alimento rico en vitamina B1 que axuda a superar o estrés e a depresión, tamén axuda en períodos de embarazo ou lactación e despois de operacións ou durante períodos de convalecencia, debido a que nestes períodos hai un maior desgaste desta vitamina.