Untar o lombo con aceite de oliva e introducir no forno xunto coas verduras picadas en dados grandes, nunha placa a 180ª C ata que se doure a superficie. Agregar un pouco de viño branco e auga sen que cubra a carne. Dar a volta ao lombo para que as verduras non queden queimadas. Deixar cocinar ata que o lombo estea brando e ao pinchar non salga sangue. Sacar o lombo das placas e reservar. Pasar as verduras por un colador chinés para que solten todo o seu mollo, pero sen triturar. Poñer os mollos nun cazo ao lume para que fervan, cando comecen a ferver agregar unha cullerada de maicena. Poñer a punto de sal e agregar os chícharos, as cenorias cocidas e o pemento verde cortado a dados para que collan o gusto da salsa. Acompañar de puré de pataca.