Cocer a pasta en abundante auga con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e reservar. Doutra banda, nunha tixola con aceite de oliva, refogar os allos tenros picados e antes de que se torren en exceso, engadir a pasta escorrida e a salsa de tomate caseira. Remover rápidamente para que se impregne do aroma dos allos tenros e tomate. Cubrir con pementa branca. No momento de servir agregar por enriba o atún escorrido.
Notes
Vantaxes: As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.